domingo, 20 de octubre de 2013

As Festas do Outono: A Vendima.

"Chegou o outono, tempo de castañas.
Varean castiñeiros rapaces e rapazas."

Chegou o outono e con el as súas festas tradicionais. Este ano decidimos levalas á escoliña para disfrutalas todos xuntos.

A primeira festa que celebramos foi a da VENDIMA.



Antes de comezar vimos un pequeno video sobre a vendima e fotos de como recolleron as nosas uvas. A profe Soraya tróuxonos follas de parra para que as viramos.

A continuación probamos uvas romanas, uva branca e uva vermella de mesa para ver a diferencia que había entre elas. As uvas de mesa eran máis doces que a romana e por dentro tamén eran diferentes.




Despois espachurramos a uva para facer un zume riquísimo, un pouco acedo pero moi saboroso.




Por último pintamos uns debuxos coa pel das uvas do viño, secándoas antes con coidado para expremer toda a color. De cada uva saía unha cor distinta!!
Os nosos traballos os deixamos expostos na escoliña.


 A vendima é unha tradición moi arraiagada na nosa terra. Na nosa zona as uvas saen das parras, pero na zona de montaña prántanse vides  en paredóns á veira dos ríos. Rematamos cunha cantiga na vendima, da mesma forma que facían os nosos avós e avoas.


Bonecas de mainzo

A mediados do século pasado a esfolla era, ademáis dunha tarefa agraria, un acto social. Para recoller as espigas da leira había que levar o carro e xuntábanse parentes e veciños na cociña e mentres esfollaban contábanse contos e todas as novas da aldea. Despois de acabar a esfolla nunha casa íase para outra. Os nenos axudaban no que podían. Para secar as espigas esfolladas había que levalas ó horreo. Logo levábase ao muiño para moer o gran. O mainzo mesturado con centeo era o pan que se comía todo o ano.


Nós na escola comezamos esfollando unha mazorca para despois decorala con dous chinchetas de cores a modo de ollos, unha chincheta dourada que é o nariz; e un gusaniño de plastilina que representa a boca. Estamos a facer unha BONECA DE MAINZO

Despois cada neno e nena comezou a coser a man o vestido da súa boneca.
Nunha tira de fieltro recortaron as mans e as coseron ao vestido.

Logo rechearon as mangas con papel enrugado e colocaron o vestido á mazorca.

Finalmente hilvanaron o cuello e fixeron un lazo para que quedara xusto á medida da mazorca. Con cola branca pegamos os pelos secos da mazorca para facer o cabelo. E así de bonitas quedaron!!

sábado, 19 de octubre de 2013

Os bailarines

En Educación Artística repasamos conceptos de Coñecemento do Medio, por iso para afianzar o tema das articulacións do corpo confecionamos en cartolina uns bailarines. Primeiro os nenso pintaron con moitas cores a parella de bailarines. Logo recortaron as pezas. Cun punzón fixeron os buracos para despois meter os encadernadores e unir as articulacións.

Estes foron algúns dos seus traballos...


viernes, 18 de octubre de 2013

BENVIDOS AO CURSO 2013/2014!!

Arrancamos o novo curso escolar estrenando escola!!

Mentres agardamos a que rematen as obras na Carreira, quitamos as teas de araña en Montefaro para revivila como escola rural. Estamos contentos porque cada día nos visita un burriño, vese o mar e atopamos bechos interesantes. Temos ata unha mascota! Unha araña tigre que teceu a súa gran tea na fiestra do fondo da nosa aula. Cando chove escóndese debaixo das frores.

Comezamos!! 

lunes, 14 de octubre de 2013

Mandalas tibetanos

O eixo vertebrador das actividades anuais deste curso é ASIA e por iso comezamos na área de Educación Artística cos Mandalas Tibetanos. Cada alumno escolleu o mandala que máis lle gustaba e, con moita concentración e atención e o máis en calma posible, comezaron a pintala dende o centro á periferia. Pois é deste xeito como o mandala proporciona máis beneficios:
  • Calman a mente e as emocións 
  • Inducen sentimentos de tranquilidade e ledicia
  • Reducen o estrés e baixan a tensión arterial
  • Xeneran bienestar e boa saúde
  • Aumentan a concentración
  • Estimulan o pensamento creativo e as habilidades para resolver problemas...
Logo de pintalo confecionamos un mural no que pegamos cinco momentos en que os monxes tibetanos comezan o mandala a través de areas de cores, comezan polo centro, tardan meses en rematar un mandala aínda que traballan todo o día, e logo de rematalo o destrúen. Din que o fan para non apegarse aos resultados, pois é moito máis importante o modo en que chegamos ás metas que as metas en sí.


martes, 18 de junio de 2013

Guías turísticos

No último tema de coñecemento en Segundo de Primaria vimos o turismo e as actividades que podemos realizar no tempo de lecer. Os alumnos fixeron unha práctica que consistía en transformar a aula nun museo e eles en guías turísticos. Escolleron un monumento importante, o recortaron e pegaron nunha cartolina. Despois buscaron información en internet sobre o monumento e escribiron un resumo das ideas máis importantes para logo expoñelo diante da clase. Aquí tedes as fotos!!


domingo, 16 de junio de 2013

Aprendendo sobre Educación Vial

Neste último tema do curso aprendimos sobre o significado dalgunhas sinais de tráfico, dependendo da súa forma e o seu símbolo:
  • Circulares: de prohibición ou obriga
  • Triangulares: de perigo ou precaución
  • Cadradas: información
Os nenos de primeiro de primaria fixeron un experimento que consistía en dividir a clase en conductores, peóns e policías. Os conductores tiñan que ir pola estrada no seu vehículo e intentar respetar as normas e as sinais, os peóns debían facer o mesmo pero circulando pola beirarrúa e os policías tiñan que controlar a uns e outros e explicarlles a súa infracción.

Logo pintaron e recortaron sinais de tráfico e espuxeron diante da clase o seu significado. Aquí os tedes traballando: