jueves, 6 de junio de 2013

Festival Nadal

Parece que vai unha eternidade, pero pasaron tan só seis meses...
Antes de que remate o curso, deixámosvos un anaco do que foron uns meses, cando menos, interesantes.
Apertas!!




                               


lunes, 21 de enero de 2013

Postais de Nadal

Nas sesións de E. Plástica do mes de decembro aproveitamos para facer as postais de Nadal para as familias do CRA.

Velaquí tedes o proceso: nun rectángulo de cartolina, picamos catro ventás. Logo silueteamos unha figura nunha bolsa de papel con moito colorido e a pegamos no interior. Pegamos papel plástico por detrás das ventás a modo de cristaleira. Despois nun papel de cor vermello escribimos a felicitación de Nadal e a pegamos por detrás da cartolina. Doblamos a postal e..
 E este foi o resultado:

sábado, 15 de diciembre de 2012

Visita ao CEIP Mosteiro de Caaveiro

Ola a todos!
Este mércores 13 de decembro os nenos e nenas da Escola de Carreira (Infantil e Primaria) fumos a visitar o CEIP de Mosteiro de Caaveiro, que nos tiñan preparado algo moi especial.

Primeiro quentamos un pouco o corpo (alí vai moito frrrrriiooo) xogando á Cadea e á Peste. No primeiro xogo o neno que panda agarra ao primeiro que pille e a partir de ahí van unidos ata pillar a un terceiro e a un cuarto. Cando chegan a catro rapaces, divídese o grupo en dous e así sucesivamente ata que estén todos pillados. No xogo da Peste, comeza un neno a "pillar" ao grupo. Cando toca a alguén en calquera parte do corpo, o neno/a que é pillado ten a peste e ten que correr e pillar aos demáis coa man  no lugar onde foi tocado. Aquí vedes algunhas fotos:
Despois nos prepararon un circuito de "Brinquedos", que son os xogos tradicionais: as chapas, o peón, os zancos, a mariola, a pita cega... O alumnado de 1º de E. Primaria foron os encargados de presentarnos os xogos e ensinarnos as súas regras. Pasámolo moi ben!!
Máis tarde conducíronnos ao primeiro andar do colexio onde teñen exposto un museo de xogos e instrumentos musicais africanos. Quedámosnos pasmados da inmensa colección que teñen, única en España.



Xa a última hora da mañá fumos a ver o Museo Etnográfico da Capela. Trátase dunha colección de instrumentos e obxetos tradicionais que foron recopilados polos propios mestres e familias do CEIP de Mosteiro de Caaveiro. Unha guía recibíunos e explicounos cómo vivían antigamente os nosos antergos.

























Pasamos por diferentes estancias: a cociña, onde vimos a fresqueira, a lareira, o forno...; a corte das vacas, onde ensinounos o método de facer pienso co toxo; os antigos oficios, como costureira, tecedora... e as antigas habitacións que non tiñan baño...

Farolillos

Polo Samaín é típico, ademáis das cabazas, a elaboración dos farolillos. Por iso probamos a facer catro deseños diferentes: de buho, gato, cabaza e esquelete. Picamos a cartolina, puxemoslle papel celofán de cores, coma se fose unha vidriera. Logo pegamos o cartón arredor dunha caixa de quesiños e metimos unha candela dentro.



jueves, 13 de diciembre de 2012

lunes, 10 de diciembre de 2012

A pirámide dos alimentos


No último tema de "Coñe" deste trimestre estudiamos os tipos de alimentos que son necesarios consumir para ter unha dieta axeitada, e así ter enerxía e estar sans. Por iso escribimos o seguinte lema nunha pancarta:
5 RACIÓNS DE FROITA E VERDURA AO DÍA

Entre toda a clase fixemos un mural sobre a pirámide dos alimentos, buscando fotos nos catálogos de publicidade e recortando e pegando as fotos. No mural escribimos os tipos de alimentos que forman a pirámide, sabendo que os que están na base son os máis importantes e os que están na cúspide debemos tomalos con moderación:



  1. Auga (hidratación)
  2. Legumes e cereais (enerxía)
  3. Froitas e verduras (vitaminas e minerales)
  4. Carne, pescado, ovos e lácteos (proteínas)
  5. Grasas e azúcares (grasas)