sábado, 15 de diciembre de 2012

Visita ao CEIP Mosteiro de Caaveiro

Ola a todos!
Este mércores 13 de decembro os nenos e nenas da Escola de Carreira (Infantil e Primaria) fumos a visitar o CEIP de Mosteiro de Caaveiro, que nos tiñan preparado algo moi especial.

Primeiro quentamos un pouco o corpo (alí vai moito frrrrriiooo) xogando á Cadea e á Peste. No primeiro xogo o neno que panda agarra ao primeiro que pille e a partir de ahí van unidos ata pillar a un terceiro e a un cuarto. Cando chegan a catro rapaces, divídese o grupo en dous e así sucesivamente ata que estén todos pillados. No xogo da Peste, comeza un neno a "pillar" ao grupo. Cando toca a alguén en calquera parte do corpo, o neno/a que é pillado ten a peste e ten que correr e pillar aos demáis coa man  no lugar onde foi tocado. Aquí vedes algunhas fotos:
Despois nos prepararon un circuito de "Brinquedos", que son os xogos tradicionais: as chapas, o peón, os zancos, a mariola, a pita cega... O alumnado de 1º de E. Primaria foron os encargados de presentarnos os xogos e ensinarnos as súas regras. Pasámolo moi ben!!
Máis tarde conducíronnos ao primeiro andar do colexio onde teñen exposto un museo de xogos e instrumentos musicais africanos. Quedámosnos pasmados da inmensa colección que teñen, única en España.



Xa a última hora da mañá fumos a ver o Museo Etnográfico da Capela. Trátase dunha colección de instrumentos e obxetos tradicionais que foron recopilados polos propios mestres e familias do CEIP de Mosteiro de Caaveiro. Unha guía recibíunos e explicounos cómo vivían antigamente os nosos antergos.

























Pasamos por diferentes estancias: a cociña, onde vimos a fresqueira, a lareira, o forno...; a corte das vacas, onde ensinounos o método de facer pienso co toxo; os antigos oficios, como costureira, tecedora... e as antigas habitacións que non tiñan baño...

No hay comentarios:

Publicar un comentario