domingo, 9 de junio de 2013

Os nosos oficios

Na véspera do 1 de maio, día do traballador, e aproveitando que en Coñecemento do Medio comezamos a estudar as profesións, convidamos aos pais e nais a que viñeran ao cole a contarnos as características do seu oficio.

Comezou Teresa, a nai de Paula, a contarnos moitas cousas do seu traballo. Teresa veu co seu uniforme e os nenos e nenas tiveron que adiviñar o seu oficio: LIMPADORA. Falamos cos nenos e nenas da importancia da súa labor, dos utensilios que precisaba, do seu horario... etc. Mágoa que se nos esquecera sacarlle unha foto.

Logo Montse, a nai de Sara Bordello ensinounos unha almofada chea de fíos e agullas. Ao principio os alumnos non se percataban de que o oficio de Montse era PALILLEIRA. Moitos era a primeira vez que vían estes aparellos e boquiabertos comezaron a explorar os palillos, os fíos, as revistas de encaixes, e mesmo algún dos traballos que xa estaba a rematar Montse. Falamos de que se trataba dun oficio artesanal , e propio de aquí de Galicia. Ten moito mérito pois cada peza precisa moitísimas horas de adicación.

Outro día veu Inés, a nai de Samuel, vestida cun mono negro. Ao principio todos pensaban que era motorista pero logo ela pegou unha etiqueta no seu traxe que poñía ENFERMEIRA. Inés tróxonos un montón de material que usaba no seu oficio. Contounos que na fin de semana ía aos Rallys e atendía aos feridos nas carreiras de coches. O seu traxe é innífugo, que quere dicir que resiste a calor do lume e tamén usa un casco especial para protexerse do fume e das llamas.
Aquí vemos algunhas imaxes de Inés amosándonos un estetoscopio para auscultar os sons do interior do corpo, un aparello dixital para medir o pulso do sangue a través do dedo, varias próteses que protexen o pescozo, diferentes tipos de casco, e mesmo tróuxonos xoguetes de material médico para que poidesen xogar con eles o alumnado...
Aproveitando esta actividade, os nenos da Carreira A fixeron un artigo para o xornal escolar. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario